O 27 de novembro se puxo en contacto coa ANPA unha familia do IES para informar de que algún membro do alumnado do centro foi engadido a certos grupos de Whatsapp de difusión de contido pornográfico. A ANPA do IES (“Anpamilla”) quere indicar de que esta é a primeira noticia que ten ao respecto.
Con todo, como ANPA queremos trasladala a todas as familias para que estean atentas aos dispositivos dos seus fillos e das súas fillas, co obxectivo de frear a difusión de calquera contido dese tipo. Incidimos ademais en facer pedagoxía para o uso responsable das tecnoloxías.
Tamén nos puxemos en contacto coa dirección do IES sobre esta información para ver se podían informar ao respecto. Dixeron que xa tiñan algunha charla prevista para facer labor pedagóxica e que informarían ao profesorado.
Sobre o uso do móbil nos centros educativos, no noso IES en concreto está prohibido. Lembramos que esta é unha norma do centro e que, polo tanto, debe cumprirse.
A Xunta Directiva da ANPA do IES do Milladoiro (“Anpamilla”)